| Carlos Mosteiro: Ese unicornio
rosa Ilustracións de Jesús Gabán Col. Ala delta. Serie Verde, 9. Luis Vives / Tambre. Vigo, 2005 |
|
![]() |
A
voz narradora de Miguel, un rapaz que vai para 9 anos, desafoga contando a
situación problemática que está a vivir. Por un lado, a
difícil situación familiar co desencontro entre os proxenitores,
que discuten ante el, quen intenta salvar inocentemente a parella buscando unha
compañeira de traballo do pai para que non siga a ser a súa
amante. Finalmente, nas vacacións de Nadal, proban cunha segunda
lúa de mel indo á neve uns días e todo se
arranxa. |
|