blix



Helena Villar Janeiro: Ero e o capitán Creonte
Ilustracións de Xan López Domínguez

Col. O Barco de Vapor. Serie Laranxa, 6
Ediciones S.M. Madrid, 1989
White Ravens 1990

Ero e o capitán Creonte

Na casa de Ero hai unha novidade: un piano novo para a súa mai. Celébrao levando caramelos ao colexio. Inesperadamente, son o motivo para que don Xacobe cambie a metodoloxía nas clases de matemáticas e non aburra os alumnos. Explicállelas por medio da papiroflexia. O gato de Ero, Creonte, aproveita este novo coñecemento para cumprir o seu desexo, ou destino segundo a cruz branca que leva gravada na fronte: ser capitán de barco. Así, cando vén a auga, navega polo tellado nun barco de papel do xornal do día. Pero ao mollalo esvaénselle as noticias e toda a vila sofre un ataque de amnesia. Coa axuda da meiga Xenoveva e o seu ordenador, reconstrúen as novas e todo volve á normalidade.
Para ensinar Lingua, don Xacobe válese dos bonecos de neve. Entón Ero ve desaparecer ao mestre, que afortunadamente reaparece no xardín da súa casa, onde fixeran un boneco que tanto se lle parecía.

136 p. - 19x12 cm.                                                             ISBN    84-348-2587-2



Opinion