| Antón
Cortizas: Era unha vez na quimbamba Ilustracións de Miguel Ordóñez Col. Ala delta. Serie Azul, 14 Luis Vives / Tambre. Vigo, 2006 |
![]() |
En Catar un pescador de ribeira que tiña
medo ao mar pescaba na bañeira. Lucía distinguía todas as
palabras homógrafas de xénero oposto. O aviador tiña un
avión vago que ía cando camiño de Londres
paróuselle nunha nube, polo que fixo auto-stop e un ganso levouno. Era
unha banana soprano que caeu na Habana. Un home a quen lle sabe tan ben o caldo
que se mete na ola a comelo. Un vello moi presumido que cando celebra o
cumpreanos non quere dicir os anos. Aquel que criaba perdices para os
namorados, quedou sen noiva. Un home tan breve que xa non se escribe a
última sílaba de cada verso. Don Óscar Raravis tiña
a cabeza chea de paxaros pero rapou o pelo e liscaron voando; agora só
ten o normal: un canario. Unha longa familia anda para atrás, cando
podía andar de lado. A princesa que andaba en moto só se namorou
dun que falaba con rr. Dun home tan gordo como o globo da Terra que tardaba en
virarse un mes enteiro. A avetarda dixo que non vía nada cando outeaba a
sabana polo que se formou unha torre de animais; fóronse subindo un
enriba doutro, ata que caeron todos por culpa dunha cegoña
pitoña, e viron as estrelas. O pirata de tres patas bailonas nunha ten
reuma, outra é un pau de caoba e a terceira é unha parrula. Cando
Uxía espertou, non vía nada pois tiña unha nube diante da
cara; curoulla un indio facendo chover e ao verse namoráronse. Hai
tamén un medio home mediado de medios. E unha escola que mola na que se
aceptan as respostas tolas... |
|