blix



Xoán Babarro: Eioua e o seu nome
Ilustracións de Jacobo Fernández

Col. Camaleón. Serie Amarela, 11. Planeta&Oxford
Barcelona / San Fernando de Henares, 2005

Eioua e o seu nome

Este é o conto dun neno moi soñador que só necesitaba medio segundo para poñerse a soñar. Ademais, era moi falador: falaba co can, cunha zapatilla... Cando foi ao colexio, sorprendeuse ao escoitar á profe que os nomes propios levaban sempre letra maiúscula, como se fose un traxe de festa. Copiou o seu. E ao acabar soñou que voaba no E. Debuxou un I e mergullouse no mar. Meteuse no O, un ovo con colibrí, ao que lle contou un xogo en verso coas vogais. O U meteuse a perseguilo polo escola, pois era un fantasma. E o A, a locomotora dun tren coas catro vogais detrás, que levou a todos os compañeiros de paseo.
E nesta viaxe pola fantasía, as ilustracións acompañan con entusiasmo o convoi lúdico.


52 p. - 20x13 cm.                                                      ISBN    978-84-9811-007-6



Opinion