blix



Gloria Sánchez: Doutor Rus
Ilustracións de Pablo Prestifilippo

Col. Tucán, 5. Serie Verde
Edebé-Rodeira. Barcelona, 1995
Premio "Edebé" de literatura infantil 1995

Doutor Rus

O doutor Rus conta do seu traballo na consulta á que acoden todo tipo de animais.
É o seu un tratamento individualizado. Ten tanta variedade de remedios como de doentes: pon a durmir ao coelliño orfo onda el, á cuca falta da cariño lévaa onda un pombo, do que se namora... Algúns casos son complicados: o burro con fame quere que lle receite comida, un porco que vive nun piso da cidade non pode cuincar por orde do gobernador, o camelo peneco colleulle gusto a vivir no alto dunha palmeira. Por iso ás veces ata é mellor que vaian a un psicólogo, como o cempés que pide unha pata postiza, a toupa con gafas ou o cervo ao que lle puxo de corno un inxerto de laranxeira e as cervas só o queren cando ten laranxas. En xeral, a súa eficacia é manifesta: ábrelle a barriga a un lobo indixestado por comer unha vaca e catro carneiros e cósella con lazo rosa de raso, un chicle válelle para a avestruza que tragou un reloxo de cuco,...
Aínda que non sempre recibe bo pago: cúralle o himpo ao gato asustándoo disfrazado de rato e marcha sen pagarlle; unha balea engóleo e o polbo lánzalle unha burrifada de tinta. E despois de botar toda a noite en vela atendendo o parto da galiña, soa o despertador e a mai insiste en que se erga para ir á escola. Ármase de paciencia. Ten difícil solución esta teima da mai.

104 p. - 17x12 cm.                                                        ISBN    84-8116-310-4



.  
TRADUCIÓNS

Castelán Doctor Rus
Il. Pablo Prestifilippo - Trad. Inés Sixto García
Col. Tucán. Verde, 63. Ed. Edebé. Barcelona, 1995
104 p. - 17x12 cm / ISBN: 84-236-3805-7
Catalán Doctor Rus
Il. Pablo Prestifilippo - Trad. Pau Hernández de Fuenmayor
Col. Tucán. Verd, 42. Ed. Edebé. Barcelona, 1995
104 p. - 17x12 cm / ISBN: 84-236-3806-5
Euskera Rus doktorea
Il. Pablo Prestifilippo - Trad. Juan Cruz Iguerabide
Col. Tukan. Berdea, 21. Ed. Giltza-Grupo Edebé. Sondika, 1998
104 p. - 17x12 cm / ISBN: 84-8118-338-5



Opinion