blix



Helena Villar Janeiro: Don Merlo con chaqueta
Ilustracións de Pepe Carreiro

Col. Merlín. Edicións Xerais
Vigo, 1993

Don Merlo con chaqueta

Recóllense neste libro quince breves contos, narrados cunha linguaxe que aproveita moitos recursos propios da narración oral. O humor e o xogo coas palabras son dous elementos presentes en tódalas páxinas do libro.
A maior parte dos contos están localizados en Montañas Brancas, un espacio mítico da autora, e protagonizados por animais que, case sempre, pertencen á fauna propia do mundo rural galego: merlos, bolboretas, ratos, lobos, cans, paspallás, gatos... Na mellor tradición das historias de animais, estes protagonistas teñen un comportamento humanizado, o que lle serve á autora para pousar unha ollada tenra e irónica sobre moitos comportamentos da vida cotiá.

102 p. - 19x14 cm.                                                             ISBN    84-7507-765-X



A nosa literatura infantil e xuvenil 1993
Gálix (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil), Biblioteca "Nova 33".
Coordinación Xosé-Victorio Nogueira Barcia e Mª Xesús Fernández Fernández
Xunta de Galicia - Consellería de Cultura - Dirección Xeral de Cultura. Guías culturais. 1996



Opinion