| Concha Blanco:
A disco ecoloxista Ilustracións de F. Mantecón Col. A Curuxa, 4. Edicións do Cumio Vigo, 1995 |
|
Chincheta e Trapina son un mosquito e unha
mosquita que viven na casa de Pedriño. Un bo día deciden marchar
ó bosque. Voaron e voaron cruzando ríos e vales para poder
aterrar nun piñeiral. Alí atoparon un montón de amigos:
xabaríns tocando tambores, vagalumes que sorrían ó
camiñar, paxaros que entoaban cancións con letra... Foron moi ben
acollidos e alí quedaron. |
|
| A nosa
literatura infantil e xuvenil 1995 Gálix (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil), Biblioteca Pública Municipal de Narón. Coordinación: Carmen Bar Cendón, Xulia Barros e Mª Xesús Fernández. Xunta de Galicia - Consellería de Cultura - Dirección Xeral de Cultura. Guías culturais, 9. 1997 |