blix



Esteban Losada Castro: Ding ding dong Mosqueone errou o gol
Ilustracións de Esteban Losada

Edicións Biosbardos
A Coruña, 1993

Ding ding dong...

Peza teatral para títeres en seis actos: Mosqueone, o mafioso xefe dunha banda, ten problemas no seu negocio de venda de alcol pola competencia que lle fai a banda dos irlandeses, dirixida por O´Caca.
Así que decide cambiar o seu mercado e deixar Nova York para trasladarse a Galicia; pero antes envía a este país aos seus esbirros Albóndigo Scarlatti e Mau Macarrone co encargo de atopar as herbas coas que os galegos fabrican os seus licores. Pero isto non resulta moi sinxelo de facer porque as herbas están gardadas na cova do xigante nigromante, coñecido como Mouro Belbere.

72 p. - 19x12 cm.                                                             ISBN    84-604-4282-9




A nosa literatura infantil e xuvenil 1993
Gálix (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil), Biblioteca "Nova 33".
Coordinación Xosé-Victorio Nogueira Barcia e Mª Xesús Fernández Fernández
Xunta de Galicia - Consellería de Cultura - Dirección Xeral de Cultura. Guías culturais. 1996



Opinion