| Pepe Carballude
/ A. García Vilariño: O deus
desaparecido Ilustracións de Avi Col. O Barco de Vapor. Serie Laranxa, 14 Ediciones SM. Vigo, 1991 Premio O Barco de Vapor 1990 |
|
O conductor dun
tráiler vese de súpeto escoltado por axentes de tráfico,
que o guían ata a cidade de Faro. Cando se abre a súa porta
traseira ante as autoridades, bota un fedor insoportable. Non é o
camión cos cadros para a magna exposición da obra de
Velázquez. Cando por fin a montan, o comisario da exposición
descobre que falta o deus Apolo de "A fragua de Vulcano". Marchou á
final de futbol do equipo local Olímpico e contaxiado polo ambiente
botouse ao campo para mallar no árbitro. Deteno a policía. Como
di ser un deus, intérnano nun psiquiátrico. Fúgase, vive a
loucura duns grandes almacéns e logo arrasa nun concerto de rock coa
súa cítara. |
|