blix



Ana Expósito Valle: O dente de Clara
Ilustracións de Mª Fe Quesada

Col. Ala Delta, 15. Serie Azul
Ed. Edelvives. Zaragoza, 1992

O dente de Clara

A primeira obra que publica esta autora sorpréndenos gratamente cunha desenfadada e áxil historia que comeza a noite en que Clara coñece ó ratiño Pérez. A partir deste encontro, fantasía e realidade mestúranse con total naturalidade. Pérez, que por primeira vez na súa longa vida "profesional" ten que admitir un fallo no seu traballo, queda a vivir con Clara ata que a nena poida ofrecerlle un dos seus dentes. Nestes días que viviron xuntos, a nena e o rato protagonizan singulares aventuras, tanto neste lado do mundo, no seo da familia de Clara, como no país de Pérez, onde van coñecer a outros personaxes da fantasía, como a ra encantada que se transformou en príncipe e á súa esposa, a princesa.
Con este moderno conto do xénero "marabilloso", dásenos a coñecer unha orixinal escritora cunha estupenda capacidade para o humor. As ilustracións de Maife Quesada poñen un notable complemento ó relato.

88 p. - 18x13 cm.                                                             ISBN    84-263-2124-0


{short description of image} Papeles de literatura infantil.
Nº 15. Abril 1992
Servicio Municipal de Educación. Concello de A Coruña.



Opinion