|
Minia estaba diario vendo a televisión,
pero un día ao se ir deitar entrou no libro de contos. Con eles
soñou toda a noite. Entrou así no tempo en que os animais
falan e coñeceu o burro Ministro a andar unha cidade non feita para el;
a nena co paxaro que aprendeu a falar e lle pediu saír da gaiola e
pasear; o porco de Martiño, que cambiaba de cor segundo o seu estado de
ánimo; o gato Lourenzo, que atravesou o País do Inverno para
coñecer a terra da súa moza, ou aqueloutro que por lambón
quedou coa chocolateira entalada na cabeza. Sen esquecer o cabaliño do
tiovivo canso de dar voltas para non chegar a ningures, que marchou
coñecer mundo. Eran soños a cores, como o dourado que
conseguiu a rosa sen cor ou as da familia Coriñas do reino no que non se
permitía que ninguén fose diferente. E menos mal que Tesio pintou
as cores do mundo, que antes era todo negro. Nesta viaxe marabillosa, soubo
de don Lado Dereito, medio home, que casou con dona Lado Esquerdo, outra
metade, e tiveron medios fillos xemelgos que xuntos facían un neno
completo. Porque coa imaxinación soluciónanse problemas como o do
asolagamento de Lameiro, que, ao levantalo, deixa pasar a auga por baixo. Por
iso cando Exidia coñece a última fada, que lle vai aprender os
seus poderes, asáltaa unha dúbida: se ela vai ser a súa
sucesora, ¿que pode contestar candos os adultos lle pregunten qué
vai ser de grande? |