 |
Conto rimado na súa maior parte con
abundantes construccións repetitivas e paralelísticas.
Nárrase, en primeira e terceira persoa, a marcha dun cuco do seu
país natal na procura doutro lugar onde pasa-lo inverno para
enxendra-los seus ovos e a elección que fai de doce niños onde
pousa-los seus galanos para aniñalos. O cuco rexeita algúns dos
niños dos seus veciños: o da aguia, o do corvo negro, o da
cegoña, o do pitorrei, o da grúa, o do falcón peregrino e
o da pomba, ó ver na face destes a intención de come-la
súa niñada; pero os do chasco, pega, azulenta, xílgaro,
paporrubio, bubela, escribenta, verderolo, papuxa moreira, ferreiro e o do
barrelo acéptaos de bo grado. Cando observa que ningún destes
paxaros está no seu niñeiro deposita un dos seus ovos en cada
niño namentres come un dos deles. Ó rematar acomódase na
caixa do reloxo de parede da casa de Miguel, o habitante da súa casa de
verán, e unicamente sae a cucar cando as agullas marcan as doce.
Finaliza este volume co epígrafe "O autor fala de si" que contén
un poema, de Xoán Babarro, no que a base de pareados conta o que sucede
ou o que fai cada hora das que marca o reloxo e que fai lembrar unha
canción dun xogo popular. |