blix



Itziar Ezquieta: O cuarto prohibido
Ilustracións de Itziar Ezquieta

Col. Q. OQO Editora. Pontevedra, 2005

O cuarto prohibido

Era unha vez un leñador moi pobre que tiña tres fillas. Un día cando estaba dando machadazos a un teixo vello, a machada saltoulle das mans e foise coar pola fenda aberta do tronco. Por ela entón asomou un xigante furioso, anunciándolle que só a podería recuperar a filla máis vella. Entrou na árbore a rapaza e chegou á casa do xigante, quen lle prometeu todo canto tiña e mais unha moeda de ouro para o pai se facía o que el lle mandaba. Ordenoulle que comese, mais como só había unha orella crúa e peluda agachouna en lugar de comela. A orella contoullo ao xigante e este cortoulle a cabeza coa machada á filla do leñador. O mesmo aconteceu coa segunda. Baixou logo a pequena, que a agachou debaixo do vestido, desde onde a orella lle falou ao xigante dicindo que estaba ben quente na barriguiña da rapaza, polo que aquel, disposto a convertela na súa muller, entregoulle as chaves da casa, co encargo de que non entrase no cuarto do fondo do corredor. Pero ela foi ao cuarto prohibido, onde estaban os corpos das irmás, ás que lles coseu a cabeza ao corpo pegándollela logo cunha untura, coa que tamén tapou a fenda da árbore unha vez que saíron coa machada e colares do cofre do xigante.
Desde aquela o tronco do teixo nunca máis volveu abrir e as tres irmás marcharon felices, deixando o xigante pechado para sempre.
A creatividade das ilustracións, con elementos de colaxe e expresividade non figurativa, crea un clima intrigante en perfecta harmonía co texto.

48 p. - 20x15 cm.                                                               ISBN    84-934499-8-9



.  
TRADUCCIÓNS

castelan El cuarto prohibido
Il. Itziar Ezquieta - Trad. Marisa Núñez
Col. Q. OQO Editora. Pontevedra, 2005
48 p. - 20x15 cm / ISBN: 978-84-934499-2-6
catalán La cambra prohibida
Il. Itziar Ezquieta - Trad. Ariadna Martín
Col. Q. OQO Editora. Pontevedra, 2005
48 p. - 20x15 cm / ISBN: 978-84-934516-3-9



Opinion