blix



Castelao: Cousas dos nenos
Ilustracións de Castelao

Col. Árbore, 127. Ed. Galaxia. Vigo, 2004

Cousas dos nenos

Reúne esta edición corenta e dúas cousas da vida publicadas no seu momento por Castelao na prensa periódica. As sinxelas ilustracións cun mínimo pé ou comentario, céntranse no protagonismo infantil ou no dos animais domésticos.
Os rapaces dialogan entre si ou cavilan en voz alta sobre o mundo dos adultos, onde todo é moito máis complexo e incomprensible, ou a problemática social da lingua galega, moi especialmente na escola, que ten o castelán como lingua vehicular. Os animais participan, tanto na súa relación cos rapaces como entre eles, das reflexións esencialistas ou elementais, porque ás veces os adultos complican todo innecesariamente.
O humor, retranqueiro ou irónico en moitos casos, tan enxeñoso como transcendente, converte a lectura nun sorriso que axiña se transforma en reflexión, por baixo da cal asoma a súa carga de profundidade nada inxenua.

93 p. - 20x13 cm.                                                          ISBN    84-8288-716-5



Opinion