blixautor/alector/acolecciónxéneroano
 



Agustín Fernández Paz: Cos pés no aire
Ilustracións de Miguelanxo Prado
Col. A letra dormente. Eds. Xerais. Vigo, 1999
I Premio de Literatura Infantil "Raíña Lupa"


Cos pés no aire

Unha tarde, na oficina, Daniel mirou ao redor e notou que o invadía unha onda de tristeza: todo alí era gris, ata a súa propia roupa. A vida estaba fóra e el estábaa desperdiciando. Díxolle ao xefe que se sentía mal e saíu.
Ao pasar onda un chalé oíu un engaiolante violín, pero non daba visto a quen tocaba por culpa do alto do muro; notou un formigo no corpo e elevouse ata o borde superior da tapia: tocaba unha nena, que se asustou ao velo e meteuse na casa. Baixou entón ao chan. Na casa, volveuse elevar ao estirar o corpo desexando subir para coller o café. Estaba alucinado. El que ata entón levara unha vida monótona e solitaria, sen amigos, pois os que tivera xa morreran... E sentiu medo pola súa rareza, por se se enteiraba alguén e o querían estudar nun hospital ou así. Deuse en elevar involuntariamente: na pescadería, cando quería ver se había robalizas, ou no probador dos grandes almacéns. Pesouse e viu que perdía medio quilo de peso diario, aínda que exteriormente non se notaba. Foi ao médico, sen que aparecese nada nas análises, polo que lle recomendou que fose a un ximnasio, pois debía ter os músculos fofos como un biscoito. Un día despertou no teito, descubrindo que podía facer virguerías no aire porque xa pesaba cero quilos. Non se podía distraer, pois en canto o facía elevábase. Atou o saco de durmir á cama para non acordar no aire e fixo unhas sobreplantas de chumbo, que impedían a elevación. Practicaba o voo de noite no parque: xa facía piruetas. Ata que se empezou a falar na prensa do "vampiro nocturno" e unha patrulla nocturna de cidadáns asustados disparoulle. Tivo que saír fóra da cidade para practicar.
Un día atopou nunha librería a unha moza fermosa, Helena, que posuía o mesmo don. Confesoulle a súa verdade e ela contoulle que lle pasaba o mesmo desde había anos e que controlaba o seu posible voo por medio da esfera dun reloxo, graduando deste xeito o seu peso. Seguíronse vendo nos tres días seguintes con mirada namorada, ata que o domingo ela conduciuno fóra da cidade, onde había moita outra xente, tamén nenos, voando. Alí Marte explicoulle que cada vez eran máis os voadores, aínda que non se descubrían por se os tomaban por unha secta. E que seguramente todos temos a capacidade para facelo, aínda que sen desenvolver. Regaloulle un reloxo e el sentiuse feliz con todos, sobre todo con Helena, e soubo "que o mundo gris quedara atrás e que xa se acabara para sempre o tempo de estar só".
A historia, o formato e as extraordinaria ilustracións conforman un libro sorprendente.

80 p. - 12x23 cm.                                                          ISBN    84-8302-473-X

Cos pés no aire . Agustín Fernández Paz: Cos pés no aire
Ilustracións de Miguelanxo Prado


Col. Merlín, 125. Edicións Xerais. Vigo, 2002

Reedición na colección Merlín

72 p. - 19x21 cm.        ISBN    84-8302-861-1



 traducións 

castelan

Con los pies en el aire
Il. Miguelanxo Prado - Trad. Rafael Chacón Calvar
Col. Sopa de libros. Ed. Anaya. Madrid, 2001
80 p. - 19x13 cm / ISBN: 84-667-0614-3

catalán

Amb els peus enlaire
Il. Miguelanxo Prado - Trad. Pau Joan Hernández
Col. Sopa de llibres, 48. Ed. Barcanova. Barcelona, 2001
80 p. - 20x14 cm / ISBN: 84-489-0958-5

Euskera

Oin hegalariak
Il. Miguelanxo Prado - Trad. José Manuel López Gaseni
Col. Liburu zopa, 15. Ed. Anaya. Madrid, 2001
80 p. - 19x13 cm / ISBN: 84-667-0626-7


 recensións 

  .  Peonza -  Peonza
  .  Prestidigitador literari (Avui)

 materiais 

  .  Proxectos de Animación á Lectura - Xerais (.pdf)
  .  Proyecto de lectura - Anaya (.pdf)



Opinion