blix



Paloma Cueto-Felgueroso: Cosme e a boliña
Ilustracións de Mariana Riestra

Col. A biblioteca de Carolo, 5. Ed. Gárgola. Vilagarcía de Arousa, 2005


Cosme e a boliña

O avó Cosme vivía nun pobo fermoso da montaña. Todas as tardes ía buscar os netos ao colexio, dáballes a merenda e contáballes un conto partindo dalgún obxecto dos que gardaba no baúl das lembranzas e tesouros que había no faio e do que só el tiña a chave. Un día sacou o que parecía unha bóla vermella e contou de cando fora leñador e quedara durmido arrimado a unha árbore. Espertou á noite co rebumbio que montaban uns trasnos pequeniños. Eran de diferentes bosques e xuntábanse para xogar ao Puturrí, xogo que consistía en esconder unha bóla vermella. O que a atopaba debía agachala de novo, pero desta vez atopáraa o trasno Ruxa, que a quería para si. Os trasnos levaban miles de anos xogando así e sen a bóla non sabían como entreterse. Pedíronlle a Cosme que convencese a Ruxa de que tiña que compartila. O trasno aceptou.
Entón, agradecidos, regaláronlle a bóla ao ancián, quen, a cambio, deixoulles un botón branco da camisa, para que enredasen xogando a agachala, como sempre fixeran.

56 p. - 21x15 cm.                                                        ISBN    84-933258-8-0

 traducións 
castelan

Cosme y la bolita
Il. César Fontenla
Col. La biblioteca de Carolo, 5. Ed. Gárgola. Vilagarcía de Arousa, 2005
56 p. - 21x15 cm / ISBN: 978-84-933258-9-3



Opinion