blix



Bernardino Graña: Contra o león covarde
Ilustracións de Xan López Domínguez

Col. A Curuxa, 3. Edicións do Cumio
Vigo, 1995

Contra o león covarde

O rei león vive entobado nun cubil cheo de desperdicios e porquería. Ademais, desde que unha manada de elefantes andou a retumbar polo chan da selva, unha invasión de ratos foise agachar na súa gorida. Para liberalo dos roedores nomean Garda Real a Hamelón, un gato que vive feliza coa súa dona Melisa e os seus fillos.
Con este novo oficio, Hamelón non terá problemas para abastecer de ratos a toda a súa familia. Pero os malos conselleiros do rei pretenderán tenderlle unha trampa para que o propio león o chegue a comer.
Todo este infortunio será solucionado cando Robus, con tódolos seus seguidores, logra expulsar da selva a toda esa camada de farsantes que rodeaban ao vello león. O antigo rei vive agora cos humanos, preso nunha gaiola onde nin sequera ten azos para zorregar golpes coas poutas.

120 p. - 13x18 cm.                                                             ISBN    84-8289-007-7



A nosa literatura infantil e xuvenil 1995
Gálix (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil), Biblioteca Pública Municipal de Narón.
Coordinación: Carmen Bar Cendón, Xulia Barros e Mª Xesús Fernández.
Xunta de Galicia - Consellería de Cultura - Dirección Xeral de Cultura. Guías culturais, 9. 1997



Opinion