| Xosé
Neira Vilas: Contos vellos para rapaces
novos Col. Narrativa pra nenos. Ediciós do Castro Sada - A Coruña, 1983 |
![]() |
Escolma de contos tradicionais dos cinco continentes que o autor procurou que fosen representativos de diferentes culturas. Con este propósito, Neira Vilas adaptou ao galego un conto popular significativo de 32 países: Albania, Bélxica, Checoslovaquia, Polonia, Suecia e Ucrania; Birmania, China, India, Irán, Iraq, Paquistán, Viet Nam, Xapón e Iemen; Costa de Marfil, Etiopía, Exipto, Guinea Ecuatorial, Liberia, Mali e Nixeria; Arxentina, Brasil, Cuba, Chile, República Dominicana, México, Perú e Uruguai; así como Australia, Filipinas e Nova Zelandia. |
|