blix



Anxo Moure: Contos do vento verde
Natureza Galega
Santiago de Compostela, 1998

Contos do vento verde

Reúne nove contos nos que predominan os elementos tomados do mundo da natureza co propósito de insistir na importancia de coñecer e preservar o medio. No prólogo preséntanse os textos como un feixe de soños cos que partir "na procura do vento verde, ese vento de liberdade que nos vai levar seguro cara ao futuro común de paz e vida, de ecoloxía e solidariedade".
Os personaxes viven experiencias fantásticas a través de soños que lles serven de aprendizaxe para coñecer o seu contorno e aprender a respectalo. O narrador dirixe en todos eles unhas palabras finais aos seus lectores que funcionan como sentencia conclusiva. Insístese así na importancia de defender o medio coidando os ríos e o mar -en "Landras", "A fervenza", "A Illa Bolboreta" e "A ría"-; respectando as árbores, as flores e os paxaros -en "As palabras perdidas", "Camiñando polas letras" e "Bos días"-; practicando a reciclaxe -en "Reciclín"- ou observando os fenómenos da natureza -en "Róubanno-lo ceo".

42 p. - 21x13 cm.                                                               D.L.    C. 891/98



A nosa literatura infantil e xuvenil 1998
Gálix (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil), Biblioteca "Nova 33" -Obra social da Caixa Galicia
Coordinación: Mª Isabel Soto López
Xunta de Galicia - Consellería de Cultura - Dirección Xeral de Cultura. Guías culturais, 18. 2000



Opinion