blix



Xoán Babarro González: Contos de trabecín trabezón
Ilustracións de Mª Fe Quesada

Col. Altamar, 13. Serie Poesía. Ed. Bruño. Madrid, 1993

Contos de trabecín trabezón

Trátase dunha recompilación do folclore tradicional, das cancións, ditos e recitados da infancia. Son contos directamente relacionados co xogo, tanto no que respecta á propia lingua, que se converte neles en obxecto lúdico por si mesma, como por se-los indispensables ritmos que acompañan a tantos xogos colectivos ou ós primeiros pasos no descubrimento do mundo e da propia realidade corporal por boca dos "iniciadores". Rimas, recitados, encadeados, enumeracións sumativas, xitánforas, xogos de pregunta-resposta... todos eles moi divertidos.
Forman un legado cultural que chega fresco ós nenos actuais, tal e como foi usado polas súas avoas e os seus avós.

124 p. - 19x12 cm.                                                          ISBN    84-216-2075-4



A nosa literatura infantil e xuvenil 1993
Gálix (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil), Biblioteca "Nova 33".
Coordinación Xosé-Victorio Nogueira Barcia e Mª Xesús Fernández Fernández
Xunta de Galicia - Consellería de Cultura - Dirección Xeral de Cultura. Guías culturais. 1996



Opinion