blix



Henrique Harguindey / Maruxa Barrio:
Contos populares galegos. Animais
Ilustracións de Manuel Uhía

Col. Árbore, 79. Serie Amarela
Editorial Galaxia. Vigo, 1995

Contos populares galegos

É unha selección de vellos relatos recollidos da tradición oral.
O fío que une estes contos é que os seus personaxes son a fauna máis representativa do mundo folclórico e popular galego: raposos, lobos, cans, galos, sapos, ras, carneiros, bestas, corvos, lebres, gatos, aguias, ratos, burros...
Daquela, cando os animais falaban, cometían pillerías a eito. Historia a historia, ao longo do libro, cada un dos animais vai mostrando aquilo que lle é propio, as cualidades que o caracterizan e o empeño de todos eles en enganar ao de enfronte. Entre a moralexa da fábula e a risa do chiste, pasan ante nós todos estes amigos personificados.
Moitos dos contos serán coñecidos xa polos lectores, pero iso non quita que disfruten con esta versión.

60 p. - 21x12 cm.                                                               ISBN    84-8288-007-1



A nosa literatura infantil e xuvenil 1995
Gálix (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil), Biblioteca Pública Municipal de Narón.
Coordinación: Carmen Bar Cendón, Xulia Barros e Mª Xesús Fernández.
Xunta de Galicia - Consellería de Cultura - Dirección Xeral de Cultura. Guías culturais, 9. 1997



Opinion