 |
Un Limiar de Ricardo Carballo Calero explica que
esta reedición ten algunhas diferencias coa primeira edición, en
1963. Suprimíronse as variantes dos contos, que nalgún chegaban a
ser nove, quedándose unicamente coa versión máis
interesante literariamente. Axeitouse, ademais, a ortografía ás
normas do momento. Pero mantense o título, pois na provincia de Lugo
como simple circunscrición administrativa foi onde os mestres recolleron
os textos de beizos de nenos das escolas.
Recóllense 228 vellos relatos presentes na tradición oral.
Agrúpanse en seis grandes apartados: Contos sentenciosos, Contos de
animais, Contos de bulras, Contos Varios, Contos en verso e Lendas de castros e
montes.
Os de burlas, os máis numerosos, presentan unha ampla tipoloxía
temática, que se organiza en seccións diferentes: de mulleres e
matrimonios, de tolos, de santos, de enigmas e adiviñas, de meigas e
encantamentos, de cregos e rapaces, de xastres, de canteiros, de homes medosos,
de homes descoidados, de avogados e escribáns, de estudiantes e
soldados, de ladróns, de cazadores, de criados e señores, de
borrachos, de cazurrería campesiña, de galegos e estranxeiros e
outros contos de burlas.
|