| Dora
Vázquez: Contos para nenas e nenos: Circo, estrelas, pinos, rosas, paxaros Ilustracións de Mª Teresa Villalva Gráficas Gutemberg. Ourense, 1996 |
![]() |
Consta este volume en total de seis contos. Dous xa publicados con anterioridade: Cascabel, o cabaliño do circo (1971) e Estreliña do Mar (1969) que presentan correccións lingüísticas en relación coas primeiras edicións; Piñóns de ouro, traducción de "Torbi, el leñador", obra coa que Dora Vázquez merecera unha mención no concurso de contos "Jauja" de Valladolid e publicada no xornal "Libertad" de Valladolid o 28 de setembro dese mesmo ano, 1960. Trátase dun conto montado sobre un soño do protagonista o día que ao cumprir os 14 anos o seu pai o mandou ao monte para seguir o oficio familiar sen poder atender o afán do fillo por estudiar unha carreira. No soño o fillo consegue estudiar pero ten que volver por non saber facer o esforzo preciso para conseguir o que un quere e non tirar cos cartos. Finalmente, o volume péchase con tres inéditos: A correr mundo, A roseira de Mariquiña e O neno e o paxaro, nos que se desenvolven temáticas moi próximas ao mundo infantil, protagonizados por animais e nos que se pon de manifesto a importancia da bondade, a comprensión, a xenerosidade, a experiencia, a formación, etc. |
|
| A nosa
literatura infantil e xuvenil 1996 Gálix (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil), Biblioteca "Nova 33" -Obra social da Caixa Galicia Coordinación: Mª Isabel Soto López Xunta de Galicia - Consellería de Cultura - Dirección Xeral de Cultura. Guías culturais, 12. 1998 |