| Helena Villar
Janeiro: Contos do paxaro azul Ilustracións de Francisco Bueno Col. Sotelo Blanco Infantil e Xuvenil, 18. Serie A máquina de escribir Ed. Sotelo Blanco. Santiago de Compostela, 1994 |
|
A gata Clarisa é a única coñecedora dos contos do paxaro azul. Ó longo de catro capítulos falaranos da pequena cidade de Lumislán (iluminada polo vagalume Fosforelo), de Tarnas (a raíña dos gnomos), de Guillerme (un rapaz medoñento que se ve obrigado a fuxir dun libro porque pensa que a súa vida está en perigo, xa que pode ser devorado polos ratos) e de Alba (unha rapaza diferente que vive nun país fantástico, o país da Lagoa Azul, a carón dos cisnes encantados). |
|
| A nosa
literatura infantil e xuvenil 1994 Gálix (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil), Biblioteca Pública Municipal de Narón. Coordinación: Blanca-Ana Roig Rechou. Xunta de Galicia - Consellería de Cultura - Dirección Xeral de Cultura. Guías culturais, 7. 1996 |