blix



Varios: Contos dos nenos 6
Ilustracións de Varios

Centro de Recursos Educativos "Santiago Apóstol" da ONCE
Pontevedra, 2001

Contos dos nenos 6

Edición non venal dos traballos premiados no concurso que co gallo do Día das Letras Galegas convoca o Centro de Recursos Educativos "Santiago Apóstolo" da ONCE de Pontevedra. Recompila os relatos dos anos 1996, 1997 e 1998, ilustrados por rapaces e rapazas. Participaron e resultaron premiados escolares de diferentes centros de ensino de Galiza.
Divididos en tres categorías segundo o ciclo educativo, en función das bandas de idade dos alumnos de Ensinanza Primaria, en cada unha delas destácanse tres textos narrativos. Abundan os contos protagonizados por animais (o ratiño que perdeu o rabo por comer o queixo, a andoriña que medrará e poderá voar, un can que mesmo vai a misa, unha cegoña solidaria cunha gata, o coello de monte que coida unha martuxiña, o verme das castañas convertido en heroe derrotando aos viquingos...), dos que os rapaces son amigos (unha rapaza déixalles a pelota aos peixes para que xoguen, outra nunca máis vai deixar o can só por ir xogar cos seus amigos...). Outros teñen na fantasía e no soño o eixo (o tren pódese converter en cempés, o anaco de coiro é feliz ao verse convertido en zapato nos pés dun neno, a flor era desprezada por pequena, a Osa Menor foi antes a osiña Estrela, o boneco de plastilina fala, un rapaz coñece os gnomos, unha rapaza soñou ser cisne branco e ata un vampiro atopa compañeira... ), sen que falte o humor (un esqueleto decide marchar para o cemiterio, onde ha estar máis tranquilo, pois ao entrar nunha casa todos se desmaian: o can, o amo ou a bruxa) nin a problemática social ecoloxista en favor das árbores ou familiar: coñecer o segredo de mamá, que está divorciada do outro pai.
Como nun dos relatos, todos eles poden presumir de ter un tesouro: este libro de contos fantásticos.

119 p. - 21x15 cm.                                                          D. L.    VG-1227-2001



Opinion