 |
Edición non venal
dos traballos premiados no concurso que co gallo do Día das Letras
Galegas convoca o Colexio Santiago Apóstolo da ONCE de Pontevedra.
Recompila os relatos dos anos 1982, 1983 e 1984, ilustrados por rapaces e
rapazas. Ademais do premio especial fóra de concurso a un cómic
en 1983 . Divididos en dúas categorías, en función das
bandas de idade dos alumnos de E.X.B., en cada unha delas destácanse
tres textos narrativos. Os contos referidos polos anciáns, o bo trato
aos animais e a presencia do soño vivido son algunhas constantes en
moitos dos textos, que non deixan de incluír a correspondente
lección moral. A emigración do pai, unha carreira de
políticos, a aventura seguindo polas follas dun libro ao coello de
"Alicia no país das marabillas", o robot que quería ter un
corazón ou as memorias dun rato de granxa morto por unha enchente de
pipas son outros motivos. Como tratando de facer real o soño, queren
todos erguer de novo a aldea Felicidade, que un día foi
destruída. |