blix



Edelmira Cacheda Otero: Contos de nenos
Ed. Everest. León, 1975

Contos de nenos

Miscelánea de textos de diferentes xéneros literarios que se van alternando ao longo do libro.
A poesía infantil está presente con seis poemas sinxelos dedicados á muiñeira, a Virxe María e o maio das flores ou as árbores como boas compañeiras vitais.
Figuran tamén dúas peciñas de teatro, unha sobre as vivencias no Nadal de dous rapaces que teñen os pais lonxe, na emigración, nesas datas tan entrañables. A outra recolle o tema clásico da Princesa Durmente, a quen lle bota o malfado a Fada da Noite e acorda do seu sono centenario co bico do príncipe.
A narrativa breve está representada con cinco contos. En dous deles, o xogo infantil ocupa un lugar central: contar historias de medo mete o medo no corpo, que marcha na casa co agarimo da mai liberador de tensións; xogar ás casas e vender o prezado zucre de verdade, pero cobrando cartos de mentira, ocasiona frustración na inxenuidade infantil . A escola autoritaria na que non se permite beber é o espacio doutro, no que as rapazas reciben un castigo por saltaren a norma levando unha botella de auga. Dous rapaces trastes que pelexando mesmo se morderon un cacho de orella poden ser amigos inseparables unidos contra o intento de abuso dos adultos: a un que non lles quere pagar a peseta prometida polo seu traballo, "róubanlle" os cartos que lles debe, para logo gastalos en foguetes. No último relato, un neno ve unha cobra e pensa que é o "deño" que viu na igrexa, onde a Virxe María pisa nel vencedora.
Pecha o libro un pequeno vocabulario.

93 p. - 24x17 cm.                                                             ISBN    84-241-5300-6



Opinion