blix



Ana Mª Fernández: Contos con sombreiro
Ilustracións de Ánxeles Ferrer

Col. Camaleón. Serie Amarela, 12. Planeta&Oxford
Barcelona / San Fernando de Henares, 2005

Contos con sombreiro

Cando Marilinda chegou de nova profesora a aquel centro das aforas coñecido como o colexio dos "nenos tristes", os que perderan a guerra, a familia e canto posuían, atopouse con que as bocas non tiñan gana de falar. Entón pensou en como devolverlles a necesidade de usar as palabras. Para recuperárllelas, levoulles sombreiros de pallaso, de mago,... que tiñan unha presiña de maxia: ao poñelos, cada un deles sería o protagonista do propio conto.
Nos días seguintes, foron collendo cadanseu sombreiro preferido e contaron: de como o cociñeiro do palacio real conseguiu que o príncipe pequeno, que aborrecía todo canto lle cociñaban, quixese probar o seu prato logo de darllo a ulir; da nena que quería ser astronauta e lle puxo trenzas á estrela redonda que arelaba ter picos como todas; do mago que fallaba os trucos porque non enchera o sombreiro con risas e fantasías de nenos e nenas que recolleu nos parques e festas de aniversario; de como a condutora de autobuses logrou, cun agarimo, que un enorme crocodilo de veludo verde trousara intactas as vítimas que comera no autobús, minguando entón de tamaño ata volverse un boneco pequeno; do neno que foi vivir co avó cando lle morreron os pais, e co pucho de durmir del trouxo os soños máis marabillosos do mundo e escorrentou os pesadelos.
Deste xeito, os nenos tristes estiveron contentos e volveron repartir alegrías.


58 p. - 20x13 cm.                                                      ISBN    84-9811-008-4



.  

RECENSIÓNS

  .  Tradición e modernidade (Faro de Vigo)



Opinion