 |
Reúnense neste volume as narracións premiadas en
1996 e 1997 no V e VI Concurso Municipal de Contos e Narracións Curtas
Infantís e Xuvenís que convoca o Concello de Oleiros para
conmemorar o Día das Letras Galegas. A coordinadora do libro e
bibliotecaria municipal de Oleiros, Mª Luz Corral Uzal, fai unha breve
presentación. Reprodúcense a seguir as actas do fallo do xurado.
Recóllense logo os textos premiados, que inclúen unha
presentación dos autores, distribuídos en tres categorías
segundo a idade.
Na modalidade de 8 a 11 anos resultaron premiados Víctor Ángel
Lara por "A pinga nadadora"; Daniel Carral por "O oso que comeu
a lúa"; Víctor Rodríguez Campo por
"Pitufo", Bikendy López por "Memorias dunha
castaña" e Rubén Quiroga por "Memorias dun
gato".
Na categoría de 12 a 14 anos obtiveron premio Olaia Fernández
Jacob con "Iris"; Yésica Lodeiro con "Lembranzas";
Tatiana Civeira con "Memorias dun calcetín"; Eva Mª
Sánchez Salgueiro con "A vida dun bolígrafo"; Aldara
Marcos, Rebeca Brandariz, Beatriz Martos e Ana Belén Tajes con "Un
verán como outro calquera" e Marta Mª García Salas con
"Aventura no Castelo de Bela Cruz".
No apartado de maiores de 15 anos recibiron galardón Héctor Bao
por "Os moradores do tempo"; Vanesa Rodríguez Mosquera por
"Soidade"; Martín Vázquez Soto por "O signo do
innomeable"; Emilio Xosé Eiroa por "A guerra dos
recordos"; Xema Cabana por "¿Diferentes?" e Adrián
Martínez Prieto por "Das cousas do vento".
|