 |
Reúnense neste volume as narracións premiadas en
1994 e 1995 no Concurso Municipal de Contos e Narracións Curtas
Infantís e Xuvenís que convoca o Concello de Oleiros. No limiar,
Mª Luz Corral Uzal, bibliotecaria municipal de Oleiros, dá conta
das interesantes experiencias de animación á lectura promovidas
nese período. Reprodúcense tamén as actas do fallo do
xurado nestas dúas edicións. Recóllense logo os textos
premiados, que inclúen unha presentación dos autores,
distribuídos en tres categorías segundo a idade.
Na modalidade de 8 a 11 anos resultaron premiados Rubén Espejo Guardiola
por "A raíña Pepiña"; Antonio López
Sánchez por "O lobo Henry"; Álvaro Patiño
Debén por "Un frei na mili" e Marcos González
Fernández por "O paso de cebra".
Na categoría de 12 a 14 anos conseguiron premio Javier Caamaño
García con "O segundeiro que ía ao revés; Olaia
Fernández Jacob con "Nacer á vida"; Oscar José
Lurís Mirón con "A carreira de letras"; Natalia
Vázquez López con "Penélope e as sandalias";
Catuxa Marta Sánchez-Tembleque Gil con "A noite"; Francisco
Suárez Gómez con "O avergonzamento das
ilustracións"; Mireia Álvarez Bosch con "O segredo da
misteriosa porta"; Beatriz Fernández Barreiro con "A
fraga" e Natalia María Suárez Insua con "A
trampa".
No apartado de maiores de 15 anos recibiron galardón Ebelia Mora Alonso
por "Sen fogar"; Almudena Ocaña González por "Os
orfos dos vivos e os orfos dos mortos"; Laura Janeiro Pereira por
"Ollos en claro-escuro"; Yolanda Macía Ttrincado por "A
fábrica de contos"; Cristina Cachaldora Castro por "Medio en
negro" e Xavier Vázquez Freire por "Laura".
|