blix



Varios: Construír a paz: cultura para a paz
Coordinación: Xesús R. Jares
Edicións Xerais de Galicia. Vigo, 1996

Construír a paz: cultura para a paz

Volume que desenvolve o motivo da paz a través de trinta e un ensaios de temática diversa, non sobre literatura, corenta e tres obras plásticas e trinta e sete colaboracións literarias. Entre as colaboracións literarias atópanse poemas e relatos, tanto para público adulto coma para o lectorado infantil, en catalán, castelán, portugués, vasco e galego.
As colaboracións literarias dirixidas a un público infantil son o relato de Xabier P. Docampo, "Déixame a min os símbolos" (pp.291-2) que recolle a historia de dúas pombas capturadas cunha rede para ser ceibadas no día da paz; o poema "A terra durmida", de Antonio García Teijeiro (p. 302) que en sete estrofas de catro versos describe cómo poden os nenos e nenas facer que se cambie a guerra polo amor; "Un soldado de trasdun fusil", é un xogo de palabras no que Gloria Sánchez xoga coas repeticións e as rimas; o relato "Querida avoa" (pp. 308-311), de Agustín Fernández Paz conta a visita da avoa que reciben Ana e os seus pais durante as vacacións de Nadal. Este encontro con "Mamá Sara" serviralle á protagonista para desmitificar á avoa e descubrir que, como é natural, teñen ideas diverxentes en moitos temas.
Tódolos textos van acompañados de ilustracións e fotografías tanto de artistas galegos coma españois.

350 p. - 29x14 cm.                                                              ISBN    84-8302-060-2



A nosa literatura infantil e xuvenil 1996
Gálix (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil), Biblioteca "Nova 33" -Obra social da Caixa Galicia
Coordinación: Mª Isabel Soto López
Xunta de Galicia - Consellería de Cultura - Dirección Xeral de Cultura. Guías culturais, 12. 1998



Opinion