blix



Varios:
Primeiro concurso de obras teatrais inéditas Camiño de Santiago

Col. Sempre no Camiño, 7. Hércules de Ediciones / Consellería de Cultura
Santiago, 1995

Primeiro concurso...

O camiño de Santiago, as peregrinacións xacobeas e toda a simboloxía creada en torno a eles, constitúen a temática sobre a que deben versar as obras teatrais que se presentan a este concurso, patrocinado pola Xunta de Galicia.
A publicación que comentamos recolle os textos premiados no apartado B: Teatro para escolares, e no apartado C: Teatro para monicreques ou marionetes, fallado no ano 1993.
Lola González e Bruno Bernardo obtiveron o premio do apartado B pola súa obra "Nocturno de dragón", peza que recrea a lenda da chegada do corpo do Apóstolo Santiago á corte da raíña Lupa. No apartado C foron gañadores Miguel Vázquez Freire e Gloria Sánchez coa obra "A princesiña Socorro, o trobeiro Carolo e o demo dos cornos", personaxes fantásticos que pasan unha chea de aventuras percorrendo o Camiño ata conseguir o casamento entre o trobeiro e a princesiña.
No libro recóllense ademais as obras que foron accésit e finalistas do mesmo concurso en ámbalas dúas modalidades.

278 p. - 22x16 cm.                                                             ISBN    84-453-1314-2



A nosa literatura infantil e xuvenil 1995
Gálix (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil), Biblioteca Pública Municipal de Narón.
Coordinación: Carmen Bar Cendón, Xulia Barros e Mª Xesús Fernández.
Xunta de Galicia - Consellería de Cultura - Dirección Xeral de Cultura. Guías culturais, 9. 1997



Opinion