|
Conta Tino en primeira persoa que hoxe
está contento porque volveu ser amigo de Toñito.
Toñito vén pasar as vacacións de verán á
aldea mariñeira, á casa grande da avoa, pois vive na capital,
onde seu pai ten un comercio de televisores. Con Tino e Xelo aprende a coller
cangrexos e grilos ou a pillar xílgaros con rede. Eles dous son os seus
únicos amigos. Os outros rapaces rinse del, e mesmo unha rapaza de doce
anos chamoulle mariqueiro por falar castelán e mallouno. No seu
coñecemento da natureza, levaron un bo susto cando Xelo lle meteu sen
querer un canutiño nun ollo, que lle curou se cadra gracias á
bisma dunha vella naipeira, se cadra gracias ás gotas do
médico. A mestra explicáralles un día que os galegos
temos a nosa propia cultura e unha fala propia ben fermosa e lelles contos en
galego. Hoxe Toñito dixo que quería falar coma eles, en galego.
Por iso está contento Tino: vai ser "coma nós". |