blix



Socorro Tajes Fernández: Cinco pezas para pícaros
Ilustracións de Ramón Irago Silva

Col. Biblioteca Didáctica Fontel, 1
Fontel Edicións. A Coruña, 1994

Cinco pezas para pícaros

¡Ai, que demo de Farruco!: Peciña de Acto Único con Prólogo e Epílogo, sobre o motivo da peregrinación a Compostela: a redacción escolar dunha nena de doce anos e uns peregrinos franceses que veñen de Santiago camiño de Fisterra fan posible que o alcalde organice unha peregrinación de todos os veciños de Mazaricos.
Todo é un conto desenvólvese nunha clínica para personaxes dos contos clásicos pola que pasan Hansel e Grettel, a quen en vez de cambiarlles a casiña de chocolate o doutor recoméndalles que laven os dentes cada vez que coman unha lambetada; Carapuchiña vén pedir unha crema velenosa para que cando a intente comer o lobo sexa lobo morto; a Riciños de Ouro, que engorda moito dálle unhas pastillas laxantes; a Cincenta, como a manca o zapato que lle proban pois non é da súa talla, recoméndalle unhas fregas con mexo de rapaciño; o Lobo pretende que faga unha campaña para que as Carapuchiñas se alimenten ben e non engorden tanto; os ananos desexan unhas pastillas que os fagan medrar para que un deles poida casar con Brancaneves; a Madrasta de Brancaneves quere unha operación de cirurxía plástica para ser máis fermosa que a mociña... Ata que irrompen unha chea de rapaces en manifestación protestando porque o doutor lles cambiou os personaxes dos contos, pero estes últimos explícanlles que non foi tal, pois este é tamén un conto máis.
Estación de autobuses: Na sala de espera dunha estación de autobuses irrompe a policía. Para defender unha "sociedade intelixente", que non teña corazón e que coide a mente, deteñen a algúns pasaxeiros por delictos como pretender ir a Muxía ver como o mar agarima as pedras, pois seica é unha imaxe erótica. Buscaban prender un ladrón de vitaminas, que resulta ser unha rapaza que ten caramelos que fan a quen os proba máis libre e capaz de cantar.
Paroladas ó teléfono: Sobre a confusión que se orixina cando os personaxes dos contos (Carapuchiña, Cincenta, Branca Neves, o Lobo...) dispoñen dun teléfono. Logo dalgúns malentendidos cómicos, os nenos acláranlles que fora unha broma que lles quixeron gastar as "persoas normais".
Telexornal ningunha edición: Parodia de telexornal con novas curiosas sobre a gañadora dun concurso de adiviñas ou o suposto secuestro dun grupo musical infantil, sen que falten as novas meteorolóxicas ou de deportes.

73 p. - 21x14 cm.                                                          ISBN    84-87951-15-5



Opinion