blix



Marilar Aleixandre: O chápiro verde
Ilustracións de Lázaro Enríquez

Col. Sopa de libros, 8. Ed. Anaya. Madrid, 1999

O chápiro verde

Fa, a protagonista desta historia, invoca sen querer a un chápiro verde que sae de sún Social e Turismo. Xunta de Galicia. Santiago de Compostela, 2001



.  
MATERIAIS

  .  Proxectos de Animación á Lectura - Edicións Xerais




Opinion
cute;peto do seu bote de lapis e vese envolta nunha aventura. Este ser fantástico ten a capacidade de conceder desexos e a Fa, que ten problemas na escola por ser zurda e polo seu "estraño" nome, ocórreselle a idea de pedir non ter que ir a clase durante dous meses. Finalmente, aconsellada polo chápiro, a rapaza cambia este desexo polo reto de ir na busca do lagarto de dous rabos á Fraga das Eiroas.
Para resolver o enigma conta coa axuda de tres obxectos cotiáns: un lapis, unha agulla de coser e un pano de man. Gracias ao seu enxeño e á colaboración doutros personaxes que vai atopando no camiño -a nai do xigante chosco da Casa do Rueiro Pequeno ou o Cabalo Boligán que fala en zig-zag- e que complican a trama, Fa resolve o enigma que dominaba a vida na fraga, libera ao lagarto e o resto de personaxes sen soños atrapados no Pazo dos Apagos e vence o malvado Devorador de Soños. Á vez consegue aceptar as súas peculiaridades persoais substituíndo o seu devezo de cambiar pola aceptación de si mesma.

160 p. - 20x13 cm.                                                       ISBN    84-207-9249-7



A nosa literatura infantil e xuvenil 1999
Gálix (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil). Coordinación: Mª Isabel Soto López
Catalogación: Pedro Lucas - Biblioteca "Nova 33"
Col. Guías culturais, 22. Dirección Xeral de Promoción Cultural. Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo. Xunta de Galicia. Santiago de Compostela, 2001



.  
MATERIAIS

  .  Proxectos de Animación á Lectura - Edicións Xerais




Opinion