blix



Marisa Núñez: Celestino Tarambainas
Ilustracións de Mariona Cabassa

Col. Q. OQO Editora. Pontevedra, 2005

Celestino Tarambainas

Para a xente da pequena vila do norte, Celestino era coñecido como Tarambainas porque vivía nun alpendre ao pé do río, durmía debaixo das estrelas, dáballes abrazos ás árbores e percorría as rúas tocando a frauta vestido cunha longa capa de seda, como un gardián de soños, abrindo e pechando as portas do inverno. Os cativos querían seguilo, mais as nais, temerosas de que tomasen mal exemplo, non llelo permitían. Por iso a súa única compañía era a fiel Rosamunda, silandeira como os gatos e pequecha como unha ratiña, que andaba sempre agachada no seu peto e non dicía nin pío, pero entendíase cos paxaros. Unha fría mañá de decembro Rosamunda foi patinar polo xeo do río conxelado e desapareceu por un burato. Malia todos os intentos Celestino non a puido atopar nin coas orellas nin coas mans nin cos pés, ata que a chamou e marchou a voz polo burato, deica o mar, onde unha brisa a conduciu ata Rosamunda. Entón trouxérona as botas de Celestino, quen subiu á árbore máis alta da ribeira e fixo soar a frauta aos catro ventos ata que as sombras bailaron e a lúa sorriu para el desde o horizonte.
Todos pensaron que toleara, pero o conto é que Celestino e o seu segredo viviron felices moitos anos.
Edición en cartoné e ilustracións reproducidas a cores.

64 p. - 20x15 cm.                                                               ISBN    84-934499-0-3



.  
TRADUCIÓNS

castelan Celestino Tarambanas
Il. Mariona Cabassa - Trad. Marisa Núñez
Col. Q. OQO Editora. Pontevedra, 2005
64 p. - 20x15 cm / ISBN: 978-84-934499-7-1
catalán Celestino Tarambana
Il. Mariona Cabassa - Trad. Ariadna Martín
Col. Q. OQO Editora. Pontevedra, 2005
64 p. - 20x15 cm / ISBN: 978-84-934516-2-2



Opinion