blix



Antonio García Teijeiro: As catro estacións
Ilustracións de Manolo Uhía

Col. Árbore, 43. Serie Laranxa
Editorial Galaxia. Vigo, 1991

As catro estacións

Conxunto de poemas que teñen como motivo as estacións do ano. Entre un poema de abertura e outro que pecha o ciclo estacional, estructúrase en catro partes con idéntico número de poemas: seis. Os animais (andoriñas -que foxen no outono- e bolboretas na primavera, gaivotas no estío, peixes e pombas no inverno) e a natureza (gromos e flores; mar, sol e as tarefas campesiñas no verán; as follas que caen outonizas e o castiñeiro confidente de soidades; a neve e mais a chuvia da treboada cal un meniño gaiteiro na invernía) simbolizan tematicamente o pasar do tempo no que o home pode irromper tamén como un intruso que rompe esta harmonía cos seus disparos de cazador.
Os xogos de palabras, os recursos fónicos, desde a aliteración á rima, as estructuras paralelísticas e repeticións anafóricas compoñen uns textos poéticos sinxelos cunha forte dose de musicalidade e oralidade.

80 p. - 20x11 cm.                                                       ISBN    84-7154-804-6



Opinion