|
Concha
Blanco: Cantos da rula |
![]() |
Colección de
poemas amables e sinxelos cunha estrutura poética elemental. O ritmo
áxil, a rima sonora e os paralelismos buscan a comunicación
directa como unha introdución das primeiras idades lectores ao mundo
poético. Tematicamente, o mundo animal preséntase nunha
relación afectiva coa gaivota, o grilo ou a rula cantora; a querida
familia aparece co avó, a nai ou o pai que chega en tren; a Terra
móstrase fermosa na Costa da Morte e Galicia en xeral; o amor e os
soños teñen o seu lugar tamén no mundo animal e o sol e a
lúa son amigos, aínda que as luces dan calor e as sombras
frío, porque a noite pode roubar a alegría. |
|