blix



X. Neira Vilas / Anisia Miranda: Cantarolas e contos prá xente miúda
Col. Arealonguiña. Akal Editor
Madrid, 1975

Cantarolas e contos prá xente miúda

Estructurado en dúas partes, na primeira, "Cantarola dos nenos", da autoría de Neira Vilas, preséntanse poemas publicados ao longo do ano 1974 en "Axóuxere", semanario infantil do xornal "La Región". Son vinte poemas nos que a natureza (o vento, o río, o sol...), os animais (as formigas, as bolboretas, o grilo ou a xoaniña) ou os xoguetes artesáns (o tuturutú, o subiote, o cabaliño) cobran vida nun ambiente rural que combina o lirismo con elementos realistas. A súa musicalidade pregoa o cantar común e solidario de todos os nenos do mundo, e a sinxeleza de composición fai posible unha doada memorización a xeito de cantar popular infantil.
A segunda parte, de Anisia Miranda, contén "Dous contos galegos". No primeiro, unha ranciña fachendosa case afoga no río ao confundir unha tartaruga cun pelouro e logo de negarlle a axuda a unha avelaíña en perigo. No segundo, un caracoliño nugallán e durmiñón cambia os hábitos gracias a que a mai consegue animalo a que vaia cedo onda unha flor amarela que o refrescará co seu orballo e lle regalará o mel máis saboroso.

56 p. - 12x17 cm.                                                       ISBN    84-7339-059-8



Opinion