![]() |
Helena Villar, Xesús Rábade:
Cantan os nenos (O libro de María) Ilustracións de Xoán Carlos Consellería de Cultura. Xunta de Galicia. Vigo, 1983 |
|
Conxunto de trinta e oito cancións
concibidas para un uso escolar. Con cada unha delas figura a notación
musical e indicacións para o seu uso nas áreas de plástica
ou lingua, matizando a súa posible escenificación, individual ou
en grupo, e acompañamento instrumental, especialmente con elementos
sinxelos de percusión. Ademais, tamén se aclara o significado de
algúns termos menos coñecidos polos receptores
infantís. |
|