| Helena Villar
Janeiro: A canción do rei Ilustracións de Xan López Domínguez Col. Árbore, 27. Serie Verde Ed. Galaxia. Vigo, 1991 White Ravens 1992 |
|
Un día,
cando o profesor lles propuxo inventar unha canción, Cosme suxeriu que
fose a canción do rei. Famoso polas súas mentiras (seica vira un
OVNI e falara cunha familia de gnomos), cando dixo que xa coñecera un,
ningún compañeiro llo creu. Cavilando na súa trola foi
á praia, onde un cangarexo o picou nun dedo, do que lle saíu un
fiíño de sangue. Nesas estaba cando apareceu o rei máis
poderoso da Terra coas súas naves, quen intentou combater contra o
crustáceo, metendo a man nun burato das rochas e, mordido tamén,
acabou liscando con todas as naves, derrotado. Na súa fuxida, esqueceu o
anel de ouro cun zafiro como o óso dunha aceituna que lle deixara en
custodia a Cosme mentres emprendía a súa arriscada batalla contra
o cangrexo. |
|