blix



Helena Villar Janeiro: A campá da lúa
Ilustracións de Ánxeles Ferrer

Col. Merlín. Edicións Xerais
Vigo, 1999

A campá da lúa

Conxunto de dezanove poemas cun forte compoñente narrativo e verso breve, musical. Incorpora mediante figuras urbanas elementos do imaxinario infantil, da literatura de autor ou da tradición oral. Así, as bruxas saltan semáforos, o rei gasta coroa de papel e os trens teñen gravata e sombreiro de fume. As historias de animais como o esquío trapecista, a parrula presumida, o gato don Honorato ou o loro verde serven en ocasións para desdramatizar, a modo de aprendizaxe, vivencias infantís como a sede, o medo ou a enfermidade.
E tampouco faltan neste mundo marabilloso de "había unha vez" as princesas, os ananos ou as fadas, que acompañan a voda azul das princesas, antes serpes encantadas.

48 p. - 19x13,5 cm.                                            ISBN    84-8302-453-5



.  
MATERIAIS

  .  Proxectos de Animación á Lectura - Edicións Xerais (.pdf)




Opinion