| Anisia Miranda:
A cama, a bolboreta e o paxariño Ilustracións de Alfredo Gutiérrez Ediciós do Castro. Sada, A Coruña, 1998 |
|
O título da obra coincide co primeiro dos trece contos que inclúe. Trátase de relatos marabillosos protagonizados maioritariamente por animais que contan anécdotas da súa vida cotiá, ou ben explican fenómenos naturais como o ciclo da auga ou a xerminación das sementes. Entre os protagonistas dos contos están ras, bolboretas, caracois, tartarugas, coellos, loros, etc. Os contos caracterízanse polo predominio do diálogo sobre a narración e tamén pola importante presencia da ilustración en todos eles. |
|
| A nosa
literatura infantil e xuvenil 1998 Gálix (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil), Biblioteca "Nova 33" -Obra social da Caixa Galicia Coordinación: Mª Isabel Soto López Xunta de Galicia - Consellería de Cultura - Dirección Xeral de Cultura. Guías culturais, 18. 2000 |