blix



Antonio García Teijeiro: Caderno de fume
Ilustracións de Xosé Cobas

Col. Sopa de libros, 10. Ed. Anaya. Madrid, 1999

Caderno de fume

Inclúe trinta e nove poesías nas que a mirada do poeta, amante da natureza como espacio reivindicado para a infancia. se manifesta nas nubes, a chuvia, o sol ou mesmo o mar, que desfilan como protagonistas destes textos. O resultado son imaxes coloristas, nas que a plasticidade evocadora de soños da nenez acariña a nosa cara co vento que move un papaventos ou os foguetes de festas pasadas que o autor trae ao presente con nostalxia.
Cunha linguaxe sempre suxestiva e de fácil lectura, fai uso de ritmos de marcada influencia de raizame tradicional e de referencias a escritores como Rosalía ou García Lorca.
As ilustracións, en branco e negro, teñen como trazo caracterizador a transparencia e a abstracción, e conseguen que o fume como elemento identificador da palabra estea presente en cada composición.

76 p. - 20x13 cm.                                                       ISBN    84-207-9252-7



A nosa literatura infantil e xuvenil 1999
Gálix (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil). Coordinación: Mª Isabel Soto López
Catalogación: Pedro Lucas - Biblioteca "Nova 33"
Col. Guías culturais, 22. Dirección Xeral de Promoción Cultural. Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo. Xunta de Galicia. Santiago de Compostela, 2001



Opinion