| Úrsula
Heinze: O buzón dos nenos Ilustracións de Xosé M. Xiráldez Col. O Barco de Vapor, 4. Serie Laranxa Ediciones S.M. Madrid, 1985 |
|
Bea, rapaza tímida e pechada, atopa unha
amiga en Amaia, que acaba de instalarse coa súa familia na cidade, cando
lle leva o estoxo escolar que esta perdera na rúa. Entre as dúas
axúdanlle a un rapaz a recuperar o seu canario e entón
ocórreselles a idea de facer un club de nenos: poñen un
buzón nunha árbore, no que os nenos poden deixar as súas
queixas ou problemas, que elas intentarán solucionar. E
resúltalles moi ben: localizan un pequinés perdido, descobren o
ladrón dos cartos dunha aula, recuperan a variña máxica do
mago pobre Abracadabra, conseguen traballo para o pallaso no paro
Froitoso... |
|