|
| An Alfaya:
Bua-Bua-Requetebua Ilustracións de Ramón Trigo Col. Elefante Contacontos, 9 Ed. Ir Indo. Vigo, 1999 |
|
Texto dramático que transcorre no interior
do aparato dixestivo. Os protagonistas, os pilosíns, son os fillos de
mamá Pilosa e dedícanse a facer trasnadas á súa nai
e a D. Organdón, o xefe do equipo que forma o aparato dixestivo. D.
Organdón, caracterizado como un personaxe despótico, leva moi mal
as bromas dos tres pillabáns e insístelle a mamá Pilosa
para que lles ensine disciplina aos seus fillos. Entre eles
desenvólvense escenas cargadas de comicidade moi próximas ao
surrealismo. |
|
| A nosa
literatura infantil e xuvenil 1999 Gálix (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil). Coordinación: Mª Isabel Soto López. Catalogación: Pedro Lucas - Biblioteca "Nova 33" Col. Guías culturais, 22. Dirección Xeral de Promoción Cultural Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo. Xunta de Galicia Santiago de Compostela, 2001 |