| Concha Blanco: A bruxiña
da sorte Ilustracións de Xosé Cobas Col. Infantil-Xuvenil. Serie Morada. Alfaguara / Obradoiro. Vigo, 2005 |
|
![]() |
Tres
obxectos dunha tenda de regalos (un gancho do pelo con forma de bolboreta, un
prendedor de lapela coa figura dun cabaliño do demo e un
miniespertador), que poden falar e mesmo namorarse, ven alterada a súa
situación coa chegada dunha bruxiña de trapo. Pero non hai nada
que temer, pois é unha bruxa boa, das da sorte. Coa súa maxia fai
que se cumpran os desexos de todos. Así, logo de que superen as probas
resolvendo adiviñas ou un encrucillado, fai que un rapaz compre o
minisespertador como agasallo para unha rapaza que o coloca onde el
soñara, nun andel de libros; e cumpre o desexo do gancho-bolboreta e o
prendedor-cabaliño do demo de ir vivir xuntos o seu amor nun parque.
Mais como os cazabolboretas reparan na beleza dela e intentan capturala,
acordan tornar á tenda. |
|