| Sonia
Martínez: Bruno e O Manto de Estrelas Ilustracións de Yolanda Falgán Col. Meiga Moira, 19. Baía Edicións. A Coruña, 2009 |
![]() |
Logo de apagar as oito velas do seu aniversario, Bruno subiu cos
curmáns e o veciño Dimitar ao faiado a xogar coa luz apagada a
monstros e fantasmas, segundo proposta do amigo, que ten o cute e o pelo moi
escuros e, ademais, ás veces fala nun idioma moi estraño.
Á noite, como a avoa quedou a durmir na cama de Bruno, el tivo que ir
para o cuarto da claraboia. Aínda que é valente, aquela noite
gustaríalle que a nai lle viñese contar algunha historia, mais
estaba cansa. Mirando nos regalos decidiu coller o de Dimitar, o libro "O manto
de estrelas". Cando o tiña na cama e apagara a luz comezou a iluminarse
e aprendeu sobre o Sistema Solar, en páxinas ilustradas nas que os
debuxos cobraban vida maxicamente. E xa non tivo medo. |
|