| Xosé
Lois Ripalda: As botas de Zapeto Ilustracións de Alberto Varela Col. Sotelo Blanco Infantil e Xuvenil, 9. Serie A máquina de escribir Ed. Sotelo Blanco.Santiago, 1992 |
|
O
zapateiro Zapeto recibiu un día o encargo dunhas botas para o rei, que
ía visitar as zonas máis pobres e enlamadas do seu reino. Foi
á feira á busca da mellor pel, que conseguiu comprándolles
a uns titiriteiros a da vaca Marela, que o seu amo aínda choraba porque
se vira obrigado a vendela. Fixo entón as botas, levoullas a unha meiga
para que as fixese campar e vendeullas ao rei. |
|