blix



Arcadio López-Casanova: O bosque de Ouriol
Ilustracións de Mima

Editorial Galaxia. Vigo, 1973

O bosque de Ouriol

Ouriol era un neno brincadeiro de ollos vivos, "mollos de luz", que segundo contaba a Avoa aparecera un día durmido ao pé da súa porta. "O neno que durme / perdeu o camiño", cantaban os paxaros. Cando acordou, preguntou polo mar. Foi coas ovellas e riu coas árbores. De cando en vez, sopraba no seu tesouro, unha buguina de nácara e cavilaba no mar. Un día, tristes os ollos lembrando a Avoa, andou días e leguas seguindo o vento salgado con recendo a oucas.
Chegou a unha vila, onde un Vello reloxeiro ensinoulle a curar os reloxos e quén eran as estrelas da noite. Pero ninguén sabía qué eran as manchas azuis dos mapas.
Unha noite de neve, o vento salgado chamouno e andou de novo a terra co seu candil. Sopraba na súa buguina, agardando resposta. E o vento seguía. Ata que escoitou o seu nome, alí, onda o mar inzado de gamelas brancas que rompía coas súas ondas contra as pedras do peirao.

                                                                                     ISBN    84-7154-173-4



Opinion